Monday 06 de May de 2024

Axenda fin de semana en Cariño


Sábado 6 de novembro, ás 19.30 horas, no Auditorio Municipal. Representación financiada a través do programa FALA REDES da Xunta de Galicia.

Entrada de balde, podes inscribirte no Local Social da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2) ata o sábado 6 pola mañá.

AUTOR e DIRECTOR: Eduardo Alonso
REPARTO: Luma Gómez, Miguel Pernas e Manuela Varela.
DURACIÓN: 100 minutos.
SINOPSE:

Unha fermosa reflexión sobre o lugar que ocupa a creación artística e a cultura na sociedade actual.

Uxío Rodas, escultor e pintor, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica “gloria nacional”. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais. Agora está no seu estudio, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante. Efectivamente, o goberno do seu país, ao través do seu presidente, antigo camarada de Uxío, acaba de encargarlle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital. Unha escultura que represente e simbolice á nación. A Uxío cóstelle encarar o seu traballo, está en crise creativa, e estando nesas recibe a visita, primeiro da súa representante e marchante nos mercados internacionais e despois a da propia ministra de cultura do seu país. O actual debate, arte, cultura, mercados e política está servido.